Batalla de Arapiles

Batalla dos Arapiles
Parte de a guerra da Independencia Española,
no contexto das guerras napoleónicas

Grabado da batalla
Data 22 de xullo de 1812
Lugar Arapiles (Salamanca
Resultado Vitoria decisiva aliada
Belixerantes
Francia Primeiro Imperio francés Reino Unido Reino Unido
Portugal Portugal
España España
Líderes
Auguste Marmont Arthur Wellesley
Forzas en combate
47 000 50 000
Baixas
13 000 5 067

A batalla dos Arapiles (coñecida na historiografía inglesa como batalla de Salamanca), foi un dos enfrontamentos bélicos máis importantes da guerra da Independencia española. Librouse nos arredores dos outeiros de Arapil Chico e Arapil Grande, no concello de Arapiles, no Sur da cidade de Salamanca (Castela e León, España), o 22 de xullo de 1812. Tivo como resultado unha grande vitoria do exército anglo-hispano-portugués a mando do xeneral Arthur Wellesley, primeiro duque de Wellington, sobre as tropas francesas ó mando do mariscal Auguste Marmont. Os aliados sufriron 5 220 baixas entre mortos, feridos e desaparecidos, dos cales 3 176 eran británicos, 2 038 portugueses e 6 españois, mentres o exército francés perdeu uns 12 500 homes, incluíndo os prisioneiros.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in